11 :: GIL, PUBLICISTA EXTRAORDINARIO

Dende a súa aprendizaxe no Balneario de Mondariz, Gil comprendeu deseguida a relevancia da publicidade do século XX. O cineasta foi un xenio da promoción e das relacións públicas ao longo da súa andaina profesional. So temos que ver os imaxinativos reclamos das súas empresas automobilísticas e cinematográficas. Foron moi sonadas as que realizou como representante da Ford en Galicia (1914-1920), como por exemplo unha corrida de touros en Pontevedra onde os picadores ían en coche Ford en lugar de cabalo. “La Voz de Galicia” sinalaba en 1920_: “Dende fai seis años, a súa propaganda á americana case inusitada neste ambiente chegou a fixar dunha maneira definitiva a atención do público. Sabe anunciarse como ninguén e é constante no anuncio e o presenta dun xeito perfectamente claro e accesible para a gran masa de lectores. O que a Gil non se lle ocorra…_” O seu interese pola publicidade pode rastrearse ademais nos case trinta filmes publicitarios no decurso da súa filmografía. O derradeiro foi sobre Chocolates Viso” en xaneiro de 1935.