Gil entendía que a mobilidade era un valor básico para o progreso da humanidade e o futuro do cinema, filmando tanto a través do tren (1910-1912) como do automóbil. En 1914 presumía dun flamante Ford negro de catro cilindros e matrícula PO 181 dende o que impresionará practicamente toda a Galicia do seu tempo. As fotografías do Ford nas principais vilas galegas serán unha referencia da súa teima polo progreso técnico. De feito, inventou o “Automotor Cine Patentado” en 1915 que en 16 minutos transformaba un automóbil en proxector cinematográfico. En 1926 desenvolverá o Cinemóvil Reclame cun camión similar á réplica desta exposición.
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.