13 :: O PRIMEIRO CINEASTA LUSÓFONO

Gil foi a primeira persoa que pulou pola distribución do cinema galego en Portugal, ao que sempre considerou mercado estratéxico. Os mozos da súa comarca da Paradanta emigraban alí. Sempre promoverá a proxección dos seus filmes en Lisboa ou Porto con rótulos en portugués nos circuítos da emigración.”Os galegos en Lisboa poderán contemplar as belezas naturais e as pintorescas costumes da terra grazas aos prodixios do cinematógrafo“. Así mesmo rexistra coa súa cámara todas as actividades viguesas relacionadas con Portugal, dende a “Chegada da excursión portuguesa á Vigo” (1912), ata “Semana Portuguesa en Vigo” (1933).