08 :: A PERSONALIDADE DE GIL

Cantos coñeceron a Gil destacan a súa bonhomía e capacidade polifacética : “Este artista excepcional que o mesmo fai un retrato artístico que arranca un acorde a un violín ou monta complicadas máquinas de reloxería”. Un mozo inquedo, tímido e soñador que se fixo a si mesmo, amante da ciencia, o progreso e a educación. Un iconauta explorador das tecnoloxías do XX cunha lucidez visionaria que amaba profundamente as súas tres fillas. Mais a tuberculose e morte das nenas deixarán unha ferida permanente no seu ánimo da que non se recuperará, a pesares da súa afouteza para sobrepoñerse ante a adversidade.