A cinematografía dun país constrúese, sobre todo, a través do cinema de ficción. Porén, producir filmes resulta complexo, precísase un equipo de colaboradores, actores e orzamentos axeitados. A pesares de ser documentalista , Gil será a primeira persoa que filmou películas de ficción en Galicia. Un dos seus reclamos publicitarios era “Fanse dramas” ou “impresiona programas con argumento que se lle pida”. A primeira filmación corresponde a unha innovadora experiencia de “cine no teatro” con secuencias proxectadas durante a representación de “El perro verde” de Carlos Arniches no Tamberlick (1914). Pero o seu fito máis coñecido foi a participación como camarógrafo e montador de “Miss Ledya”, dirixida por Rafael López de Haro. Filmada na Pontevedra de 1916, nela aparece Castelao como actor. O resultado final era similar ao cine se estaba a producir daquela en Europa. Tamén realizou películas de ámbito popular como “O muiño do Freixo” filmada en Rubiós en 1926. O derradeiro intento por construír un gran proxecto de ficción foi “País de ensueño” en 1928 e que non puido rematar. Hoxe podería ser un filme a reivindicar dende os postulados da creación audiovisual contemporáneapola mestura entre ficción e documental que propoñía.
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.