As localizacións extraordinarias de Santa Trega e a desembocadura do Miño foron visitadas en varias ocasións pola cámara de Gil.
Cónstanos a produción de Una excursión al Monte Santa Tecla en 1920, así como unha
reportaxe sobre o innovador proxecto de repoboación forestal a cargo do enxeñeiro tudense –e amigo persoal– Rafael Areses Vidal, a quen xa filmara un pequeno filme de
propaganda co gallo da Feira do automóbil de Pontecesures (1926).
A principios de 1927 comeza a filmar o que constituirá La villa de la Guardia y el monte
Santa Tecla, que figuraba no seu catálogo de 1928. Supomos que varias destas imaxes
integráronse posteriormente en Panorama de Santa Tecla (1932), composta por imaxes pintorescas do ambiente mariñeiro na Guarda, a citania de Santa Trega e a foz do Miño no Atlántico. Imaxinamos que parte desas imaxes tamén se integraban no documental Pontevedra (1934).
Asemade, A Guarda é unha das escasas localidades onde chegou a funcionar o flamante Cinemóvil nº 1, até a repentina destrución do prototipo por mor dun incendio a noite do 11 de decembro de 1926 na Ramallosa. Tamén foi a patria de Higinio Troncoso, produtor executivo da viguesa Higinio Troncoso en 1921 «Celta Film», quen mantivo amizade con
José Gil. No Teatro-cine Ideal da Guarda –inaugurado no 1917– proxectáronse algúns
filmes do cineasta, como Los Reyes de España en su visita a Vigo (1927) e algúns
dos seus Noticiario de Galicia (1927-1932).