Cambados

Domingo Gil, o pai de José Gil, estivera a patrullar coma Garda Civil pola comarca do Salnés á altura de 1874.

A beleza do concello debeu estar presente en varios filmes rodados por José Gil nas andainas pola provincia de Pontevedra no seu automóbil Ford dende 1914.

Varias secuencias filmadas en Cambados aparecían integradas no documental Pontevedra y sus paisajes ou Actualidades de Pontevedra (1924). Por outra banda, o ilustre cambadés Francisco Asorey foi o escultor do marabilloso monumento funerario á súa filla María Gil Sarabia en 1920, no cemiterio vigués de Pereiró.

O 1 de novembro de 1929 proxectouse nunha praza cambadesa a bobina de filmes publicitarios realizados polo cineasta para o Cinemóvil-Reclame Nº 2. Quizais no Salón
Variedades (1909-1940) –do que fora socio inicial Ramón Cabanillas–, se proxectaron
algúns números do Noticiario de Galicia entre 1928 e 1930.