ARREDOR DE JOSÉ GIL EN MOAÑA

Moaña

A sona de José Gil como fotógrafo na Ría de Vigo dende 1905 converteron a súa galería na máis demandada pola burguesía industrial e aristocrática da contorna, como podemos acreditar pola magnífica foto de  Dolores López Saavedra e Luís López Guitián, señores do pazo do Rosal en 1907. Tamén fotografou as canteiras do latón e a Borna en 1908. Mais quizais o más salientábel da súa relación con Moaña fora a xestión dun cinema na vila.

Entre 1918 e 1922, todos os sábados, Gil ocupábase dun cinema en Moaña, acompañado por Alfonso Penabade e  Enrique Sánchez: iamos a Moaña o sábado no vapor e levabamos o material. Era un local alugado, un chamizo, ao final do peirao. Alí estaba a taberna onde xantabamos os sábados que botábamos o cine. Creo que o taberneiro chamábase  Sr Costas. Posibelmente se referise  a José Costa Alonso  presidente do Pósito de mariñeiros de Moaña. Nese local proxectou dende 1919 ate 1923 moitas  películas da casa Gaumont, entre elas, un accidentado pase de Los hijos del capitán Grant  en que tiveron que saír a fume de carozo por mor do enfado do público diante dunha avaria imprevista. Nese cine debeu exhibir moitas filmacións propias realizadas en varias localidades de Galicia.