Redondela

Gil debía ter relación persoal con varias persoas de Redondela por mor da «modernidade» dos seus viadutos e a súa relación co ferrocarril.

Xa en 1911 filmara La fiesta de la Coca en Redondela, con imaxes das rúas e a animación popular na vila, que proxectou en varias localidades do Morrazo no 1912. No mesmo ano regresou para filmar a chegada en tren da Excusión viguesa a Pontesampayo. En 1914 podemos velo no seu Ford «perseguindo» o tren por unha estrada paralela á vía férrea dende Vigo a Redondela, na versión adaptada en 1914 de El perro chico de Carlos Arniches. O filme La procesión sin santo incluía vistas de Redondela cos seus monumentos e viadutos sendo proxectada en Bos Aires en 1914.

Gil foi o primeiro que filmou a beleza da illa de San Simón en 1916 nunha homenaxe
multitudinaria ao político conservador Gabino Bugallal.

O 11 de decembro de 1926 chega a Redondela o Cinemóvil Reclame. No «Cinema artístico» de Nicolas Campuzano proxectou documentais e Noticiarios de Galicia até a
instalación do cinema sonoro en 1932.