A vila de Arcade fora filmada por José Gil co gallo da Excursión viguesa a Ponte Sampayo o 27 de agosto de 1911, conmemorando o centenario da histórica batalla da Ponte na guerra contra os franceses. Nese filme rexistrábase a chegada de 2.000 excursionistas vigueses á estación de Arcade e o paseo multitudinario de máis de 5.000 persoas polas rúas até a histórica ponte. Daquela, Ponte Sampaio fora un municipio independente até 1960.
O interese de Gil polo concello tamén viña da relevancia do Castelo de Soutomaior como un recurso turístico de primeiro nivel a comezos da década de 1920.
Varias veces achegouse ao Castelo para realizar fotografías de vodas, segundo contaba o seu axudante Enrique Sánchez, acompañados por unha peiteadora exclusiva, Estrella Oliva. Imaxes do concello, a ponte e o Castelo aparecían no noticiario Revista Galicia Film (1919) e Pontevedra y sus paisajes (Actualidades de Pontevedra) en 1924.
O Cinemóvil Reclame Nº 2 visitou Arcade o 21 de outubro de 1929 cun grande éxito popular. No “Ideal Cinema”, propiedade de Benedicto Vidal Balea, proxectáronse varios Noticiarios de Galicia a comezos da década de 1930.
Varias veces