Entre 1877 e 1882, o pai de José Gil viviu na casa cuartel de San Bartolomeu en Tui e patrullou dia e noite polo sur da provincia de Pontevedra, cando José Gil tiña entre sete e doce anos. De feito, a finais de 1910 xa anda a filmar as paisaxes de Tui. O Balneario de Caldelas de Tui tamén será un espazo de referencia nas fotografías e filmacións. En Tui vive un amigo que admira, o enxeñeiro tudense Rafael Areses Vidal,
filmando en varias ocasións o seu proxecto de repoboación forestal, como por exemplo un pequeno filme de propaganda co gallo da Feira do automóbil de Pontecesures (1926).
No verán de 1921, Trinidad Sarabia xunto con Rosa e Josefa, as dúas fillas enfermas, pasaron unha temporada no balneario para paliar a tuberculose que padecían.
En 1931 filma un gran documental: Galicia y los balnearios, onde os agüistas de Caldelas ían até Lapela, nas beiras do Miño en Portugal e regresando en barcas ao balneario, así como varias secuencias das festas patronais de Tui.
En 1933 a popular fábrica de galletas La Peninsular patrocina o seu derradeiro Noticiario de Galicia nº 11 con vistas da Catedral e o casco vello, industrias e comercios en Tui, coa consabida excursión ao Monte Aloia en maio de 1933, onde se emocionou coa lembranza das fillas mortas, diante da grandeza da foz do Miño: ya verán algo apoteósico plasmado en cine que causará sensación.
No teatro Principal de Tui e no Salón Ideal (Guillarei) proxectábanse habitualmente documentais e Noticiarios de Galicia Cinegráfica.