sesión vermú “AS MÚSICA DE JOSÉ GIL”
CONCERTO HOMENAXE A JOSÉ GIL EN ARBO. Sábado, 20 maio 2023.
Elaborado e dirixido por Tomás Alonso
Interpretado pola Banda de Música de Arbo
PROGRAMA:
1.- “Centenario”. José Iglesias Ramilo, (1956). Pasodobre. Música popular galega que evoca a aldea e a humilde casa onde nace José Gil en Rubiós (As Neves) en 1870, así como os seus inicios na Banda popular da súa patria da infancia, percorrendo festas e romarías do Condado e Paradanta, como as terras de Arbo.
2.- “La medalla de oro. Abertura. Von Suppé (1819-1895). Evoca a súa estadía de mozo durante o esplendor do Balneario de Mondariz, onde toma contacto co mundo exterior e as músicas cultas de todo o planeta. Os seus ollos ábrense para comprender a sociedade contemporánea nos inicios do século XX. Gil é un rapaz de aldea que descubre a modernidade mentres aprende o oficio fotográfico no Balneario.
3.-”Alborada” de Pascual Veiga (1842-1906). As atrasadas cidades galegas espertan grazas o ferrocarril. O rexionalismo tamén se insire na música culta e desenvolve a mirada cara nós e as raíces da música galega. Nesta canción evocamos o descubrimento de Galicia polo fotografo Gil en Lugo, Ourense, Vigo, etc. Todas as artes en Galicia intentan modernizarse. Gil comeza a filmar películas coa súa cámara.
4.- “Autum Leaves” de Kosma/Prevert. Peter Kleine Schaars
Homenaxe á modernidade viguesa da década dos 1910-1920. Gil vive e trunfa na gran urbe viguesa á que chegan todas as novidades a través do mar: cine, jazz, teléfonos, coches, tranvías, barcos, radio, etc. A música evoca a vida trepidante da cidade olívica. Música cos novos aires de ragtime e jazz procedentes do mundo exterior. Ao tempo, moitas das películas filmadas por Gil en Galicia serán exhibidas nos cinemas de Bos Aires, Habana ou Montevideo.
5.- “Minueto No.1 K.1” Mozart (1756-1791). Coa peza evocamos a afección das fillas de Gil pola música que habitaba na súa feliz casa viguesa da rúa Príncipe, que recende a música. Lembramos aquí o ambiente dunha casa melómana, onde soan o violín e o piano perfectamente afinados por Gil.
6.-“Balada Galega”. Juan Montes (1840-1899). Lembramos aquí a morte das súas tres fillas: María, Rosa e Xosefa, aos 18 anos, por tuberculose. As tres visitas da morte enchen a casa de sombra e dor no corazón do cineasta, ata a súa aniquilación persoal e profesional pola perda dos seus “tesouros” como chamaba ás nenas.
7- “Rapsodia galega”. Enrique García Rey, (1927-1990). Evocamos a melancolía de José Gil na súa estadía en Ponteareas, mentres segue a vivir na escuridade pola perda das fillas. Aquela tristeza profunda esvaece lentamente porque o cinema axúdao a revivir e erguerse de novo. Será o seu refuxio e o alento para vivir.
8- “Xeitosiña”. José Iglesias Ramilo, (1956). A peza describe a resurrección de José Gil en Vigo a través do cinema. Filmar faille esquecer a súa tristura e a vida retorna. Lentamente vai saíndo da negrura na que estaba instalado e dedícase ao cinema con afouteza. Semella que ten gañada a inmortalidade que outorga o cinema.
9- “Himno galego”. Pascual Veiga (1842-1906). Escoitado por Gil en numerosos actos ao longo da vida. Representa o amor que Gil sentía pola súa patria a partir do “cinema rexional Galego”. A peza recupera a súa memoria no Olimpo da cultura galega.
Descarga o programa aquí