Monumento funerario da familia Gil e Saravia.

Homenaxe a JOSÉ GIL Pioneiro do cinema galego

FUNDACIÓN VÍA LÁCTEA POLO CINEMA GALEGO

Homenaxe a JOSÉ GIL Pioneiro do cinema galego

Día: Domingo 7 de abril

Hora: Dende ás 11:00

Lugar: Cemiterio de Pereiró (Vigo)

Motivo: Colocación dunha placa conmemorativa na tumba de JOSÉ GIL

 

A tumba de José Gil e familia é unha marabillosa escultura funeraria realizada por Francisco Asorey en 1920, encargada por José Gil para a súa filla Maruja falecida aos 19 anos a causa da tuberculose.

2024 Ano Asorey. A Real Academia Galega de Belas Artes decidiu dedicar o  1 de abril, Día das Artes Galegas, ao escultor Francisco Asorey, considerado un dos artistas máis innovadores da arte española e da escultura no século XX

 

DOMINGO 7 DE ABRIL DE 2024

No 154 aniversario do nacemento de José Gil (Rubiós, 3 de abril de 1870)

 

De 11:00h a 12:00h

Visita guiada ao CINEMÓBIL Nº3 a cargo de Manolo González, especialista en José Gil, e o director de cinema Ignacio Vilar.

O CINEMÓBIL Nº3 é un camión que imita o CINEMÓBIL Nº2, patentado por José Gil, no que levaba os seus filmes para proxectalos en 1929 por toda Galicia. Este CINEMÓBIL Nº3 serve de sala de exposición da obra e a vida de José Gil a través de 16 paneis con textos e fotos. O interior do CINEMÓBIL Nº3 é un cine dos anos 20, no que se proxectan uns minutos de imaxes dos filmes de José Gil.

 

12:00h

Colocación da placa, coa presenza de:

Abel Caballero, alcalde de Vigo
Carmela Silva, primeira tenente alcalde de Vigo e delegada da área de goberno de Patrimonio histórico, Cultura, Igualdade e Normalización Lingüistica
Gorka Gómez, concelleiro de Cultura
Nuria Rodríguez, concelleira de Medio Ambiente
Manolo González, especialista e biógrafo de José Gil
Ignacio Vilar, director de cine
Xoán Mariño, responsable de Cine na Rúa
Xosé Manuel Soutullo, director de Editorial Galaxia

12:15h

CONCERTO HOMENAXE A JOSÉ GIL

Elaborado e dirixido por Cesar Posada Figueiras. Interpretado pola Unión Musical de Valladares.

Concerto explicado por Manolo González.

Tannhauser, coro de peregrinos”, de Richard Wagner. Alemaña (1813-1884). O día 1 de xaneiro de 1937 fina José Gil, arruinado, esquecido e case en soidade en Vigo. Ao día seguinte fixo a súa derradeira viaxe en coche nunha sinxela caixa de pino para reunirse definitivamente coas súas adoradas fillas no cemiterio de Pereiró. O enterro foi moi modesto e con escasa asistencia popular. Mentres, á mesma hora, uns metros mais abaixo, no Teatro García Barbón, escoitábase o Tannhäuser de Wagner interpretado pola orquestra dos Requetés de Pamplona. O teatro resplandecía ateigado    de autoridades locais, os bispos de Madrid-Alcalá e de Tui e o máis granado e chic da burguesía viguesa entre bandeiras da Alemaña nazi, a Italia fascista e a Falange Española.

 

Himno galego”. Pascual Veiga, Mondoñedo, (1907-1988). Escoitado por Gil en numerosos actos ao longo da vida. Representa o amor que Gil sentía pola súa patria a partir do “cinema rexional Galego”. A peza recupera a súa memoria no Olimpo da cultura galega.

Descarga o programa aquí

Programa HOMENAXE JOSÉ GIL_7ABRIL