Sesión vermú CONCERTO HOMENAXE A JOSÉ GIL EN NIGRÁN

sesión vermú

CONCERTO HOMENAXE A JOSÉ GIL EN NIGRÁN

Sábado 13 de maio, as 13:00h na Capela de San Campio na Ramallosa. En caso de choiva, trasladarase ao Auditorio Municipal.

Elaborado e dirixido por María García Bustos

Interpretado pola Banda Agrupación Musical de Vincios

PROGRAMA:

1.- “Alborada de Celanova”, (Francisco Landín, 1910-1989). Música popular galega que evoca a aldea e a humilde casa onde nace José  Gil  en Rubiós (As Neves), así como os seus inicios na Banda Popular de música da súa patria da infancia percorrendo festas e romarías do Condado e a Paradanta.

2.-“Obertura Alcázar (Jaime LLano 1932-2017). Evoca a súa estadía de mozo durante o esplendor do Balneario de Mondariz, onde toma contacto co mundo exterior e as músicas de todo o mundo. Descubre a modernidade mentres aprende o oficio fotográfico.

3.- “Amapola”, (Jose M. Lacalle, 1859-1937) . A popular canción lembra os aires de América e a modernidade que chegan a Galicia a través da emigración. Ao tempo, moitas das películas filmadas por Gil en Galicia serán exhibidas nos cinemas de Bos Aires, Habana ou Montevideo.

4-“Sonata para fagot e violonchelo KV 292”, (Mozart 1756-1791). Coa peza evocamos a afección das fillas de Gil pola música que habitaba na súa casa viguesa da rúa Príncipe, na que arrecende a música. Lembramos aquí o ambiente dunha casa culta,  onde soan o violín e o piano perfectamente afinados por Gil

5.-“Balada Galega” , (Juan Montes 1840-1899). Lembramos a morte das súas tres fillas: María, Rosa e Xosefa, aos 18 anos, por tuberculose. As tres visitas da morte enchen a casa de sombra e dor no corazón do cineasta, ata a súa aniquilación persoal e profesional pola perda dos seus “tesouros” como chamaba ás nenas.

CINEMÓBIL2 (1929)

6- “Anmerland” (Jacob de Haan, 1959).  A melancolía de José Gil na súa estadía en Ponteareas, mentres segue a vivir na escuridade  pola perda das fillas. Aos poucos, o cinema axúdao a  revivir e erguerse de novo.

7- “Festa”, (Manuel García de Cote, 1909-1991). A peza describe o comezo da resurrección de José Gil  a través do cinema. Lentamente vai saíndo da negrura na que estaba instalado. O cinema vai ser o seu refuxio; o cineasta rexurde como ave fénix e decide regresar a Vigo.

8 “Soñar en Xirimbao”,  (Angel Luís Fernández). Pasodobre sobre os últimos anos de José Gil en Vigo. Adícase ao cinema con afouteza. Filmar faille esquecer a súa tristura e a vida retorna. Semella que ten gañada a inmortalidade que outorga o cinema.

9.- “Jesús de la Penas”, (Antonio Pantión 1898-1974). O día 1 de xaneiro de 1937 fina José Gil, arruinado e case en soidade en Vigo . Acompañamos a Gil na súa derradeira viaxe para reunirse definitivamente coas súas adoradas fillas no cemiterio de Pereiró.

10 “Himno galego”, (Pascual Veiga 1842-1906). Escoitado por Gil en numerosos actos ao longo da súa vida. Representa o amor que Gil sentía pola súa patria a partir do “cinema rexional Galego”. A peza recupera a súa memoria no olimpo da cultura galega.

CINEMÓBIL3 (2023)

 

 

Descarga o programa aquí

PROGRAMA MÚSICA NIGRÁN