1 de xuño, no Concello de Mondariz- Balneario

Valoración Concello de Mondariz Balneario

Xoves 1 de xuño, no Concello de Mondariz- Balneario, o alumnado do CEIPMondariz e o Colecio CEMAR Marcote ollaron aos seus devanceiros bailar nunha romaria. Esas imaxes foron filmadas por JOSÉ GIL fai mais de cen anos.

Dende o concello nos fan chegar estas letras:

Bos días Eva,
Xa rematada a actividade, desde o concello queremos agradecervos que
contarades con nós neste proxecto para divulgar e dar a coñecer a persoa de José
Gil. Estamos moi ledos co desenvolvemento e resultado da actividade,
especialmente eu, foi un pracer ter a Manolo e a Ignacio ensinándonos tanto sobre
José Gil, un completo descoñecido até que no lo presentastes, e tan merecedor do
recoñecemento que lle estades a ofrecer.
A experiencia coa cativada na xornada do xoves foi moi enriquecedora, sobre todo
ver de novo o cine mudo na pantalla dixital e a gran interpretación de Ignacio
creando esa atmosfera sonora, da man dunha mestra de infantil, e que xuntos nos
transportaban aos anos 20.
Que dicir da xornada do sábado, as visitas ao CINEMÓBIL3 coa gran explicación de
Manolo, tan detallada e milimetrada da asombrosa vida de José Gil. Ver Mondariz
Balneario en fotos da época, e a repercusión que está vila tivo na vida de Gil, é
máxico. As anécdotas que Manolo conta e como as conta xa son de premio, e
imaxino que por iso mesmo, foi merecedor do premio de ensaio. Aínda non lin o
libro, pero sei que me vai encantar, non teño dúbida.
A sesión vermú foi marabillosa, a música e as explicacións de Manolo metéronnos
literalmente dentro da vida de José Gil, do sufrimento que podía ter este home cos
acontecementos polos que pasou. A Banda de Música Cultural de Mondariz
interpretou as pezas de xeito sublime, as persoas que estivemos alí saímos
emocionadas. Parabéns para eles.
As persoas asistentes  a esta actividade quedaron encantadas de descubrir a este
personaxe, e así mo dixeron, así que só podo dicir GRAZAS.
Grazas a Manolo, a Ignacio, a Diego e a ti por descubrirnos e achegarnos á figura
deste pioneiro galego do cine que tanta relación tivo coa vila e por facer que fose
fácil levalo a cabo. Encantoume coñecervos, a Diego xa o coñecía de neno, e para
Carme unha aperta enorme, xa para rematar, dicirvos que aquí tedes os brazos
abertos para cando queirades pasarvos pola vila. Non esquezades de facerme unha
visita se pasades polo concello.
Apertas e noraboa polo proxecto
Apertas e noraboa polo proxecto”