Valoracións das actividades da xira “José Gil. Pontevedra, Provincia de Cine, na Orixe do Cinema”.

A xira “José Gil. Pontevedra, Provincia de Cine, na Orixe do Cinema” rematou en Ponteareas, unha vila de referencia para o pioneiro do cinema en Galicia. Digno colofón para a homenaxe a José Gil, despois de 30 semanas percorrendo a provincia de Pontevedra nos mesmos lugares nos que viviu, amou, fotografou ou filmou. Fixemos o que puidemos para lembralo, case 100 anos despois.

Esta viaxe serviu para atopar tesouros agochados nos faiados.

Deixamos aquí algunhas das valoracións que nos fixeron chegar dende os centros educativos e concellos:

 

RUBIÓS, AS NEVES

24 e 25 de febreiro de 2023

 

IES PAZO DA MERCÉ

“Dende o IES Pazo da Mercé, tanto o alumnado como o profesorado valoran moi positivamente a actividade sobre a figura de Xosé Gil xa que, ata a realización desta actividade, case ninguén coñecía a interesante producción deste fotográfo e director de cine. Despois da explicación do cinemóbil sobre a vida e a forma de traballar de Xosé Gil, o alumnado quedou gratamente sorprendido coa proxección no auditorio, pois era a primeira vez que asistían a unha película de cine mudo e pareceulles moi entretida (para ser unha película do século pasado).

Dende o IES queremos dar os parabéns por levar a cabo esta actividade e ter a honra de ser o primeiro centro en participar nela.”

 

CEIP MARQUESA DO PAZO DA MERCÉ

“A actividade en xeral foi de moito interés para o alumnado desde que comezou ata que rematou.

O seu desenvolvemento en tres partes foi moi acertado e adaptado aos rapaces e rapazas de 5º e 6º.

A primeira parte, a charla de Manuel González, resultoulles de gran interés para o alumnado. Moitos datos que Manolo aportou chamoulles a atención e quedáronse con eles.

A segunda parte, o visonado dos filmes, todo un éxito. Iso si, división de opinión sobre cal lles gustou máis: Charlot ou Harold Lloyd, prefendo a maioría dos enquistados a segunda.

A terceira parte, a visita ao CINEMOBIL lles gustou e impresionou.

A valoración tanto por parte dos profesores/as e alumnos/as foi moi boa.

No alumnado deixou unha pegada, impresión de gran interés.

Algúns detalles que confirman o anterior en frases de propios alumnos/as:

-A relevancia de José Gil sendo do pobo de As Neves e, en particular, de As Neves:

“Sorprendeume que alguén do meu pobo fóra tan relevante no cine galego”.

-Datos de interese sobre el:

“Fixo 150 fimes…. foi pioneiro en Galicia”

-O Cinemóbil:

“Alí dentro nos explicaron………..”

-A importancia que lle deron ao traballo de José Gil indo polos pobos co Cinemóbil.

-A ledicia de recuperar 7 filmes.

_Os gustos de José Gil:

“Gustábanlle os nenos, os coches e o cine”.

En definitiva foi unha desas actividades que deixan pegada no alumnado.

Gracias a José Gil. Gracias a quen os achega a él.”

 

CONCELLO DAS NEVES
  • “A xornada co alumnado (venres 24 de febreiro de mañá) desenvolveuse sobre o previsto e foi un éxito de aprobación dos máis de 200 alumnos e alumnas dos centros de ensino e mesmo persoas acompañadas pola asociación Avelaíñs, que mostraron interese pola actividade e achegáronse a vivila. A visita ao Cinemóbil3 é moi amena e nas proxeccións, “Never weaken” foi a mellor acollida; de feito encantou incluso aos máis cativos e cativas.
  • Na xornada para a veciñanza xeral comezamos movendo ao plan B a por mor da chuvia. Malia isto, e os inconvintes que xerou, foi unha mañá moi emocionante para as e os veciños. Atopamos familiares de persoas das fotos que van dentro do Cibemóbil3 e foi todo un luxo coñecer e falar de José Gil na súa terra natal, escoitando a un experto como Manolo González e a veciñas e veciños que aínda lembraban escoitar falar del na parroquia. O broche foi o concerto da Banda de Música Popular de Rubiós da que, segundo Manolo, “José Gil se sentiría moi orgulloso”.
  • Na tarde, grande parte das e dos asistentes ás actividades en Rubiós, foron ao Auditorio a ver as proxeccións e concordaron en valorar moi positivamente a posta en valor de figuras como José Gil.”

 

 

CUNTIS

3 e 4 de marzo de 2023

 

CONCELLO DE CUNTIS

“Quixera comezar cunha mostra de agradecemento a tódalas persoas que fan posible este proxecto ao igual que a Deputación de Pontevedra por achegarnos unha actividade que se dúbida nos serve de mostra do potencial galego en calquera campo.

A figura de José Gil, o cal foi un pioneiro, produtor, director e camarógrafo ao longo de 25 anos foi todo un descubrimento para a maioría da veciñanza de Cuntis.

Sen dúbida, resaltou moi pracenteiro poder seguir a traxectoria dun home visionario e auténtico pioneiro do cinema.

No caso do noso concello a pesar de que a actividade está proposta para rapazas e rapaces da ESO, fixemos a actividade con pequenas e pequenos de diferentes idades que responderon dunha maneira magnífica.

A isto axudaron as presentacións, exposicións, proxeccións, concertos pero sobre todo o bo facer de Manolo González e Ignacio Vilar que guiaron dunha maneira excepcional toda a actividade.

Polo tanto a sensación foi de total satisfacción pola nosa parte e coa única pega de que o colexio non puidera acoller o proxecto como estaba previsto dende o principio.

MANUEL, Técnico de Cultura do Concello de Cuntis.

 

 

CAMBADOS

10 e 11 de marzo de 2023

 

IES RAMÓN CABANILLAS. Lorena Iván, Directora

“Moi ben Eva, os nenos e os profes quedaron moi contentos da actividade, especialemente a profe de Historia, xa que trataron temas que imparte na clase.
Un saúdo”

 

 

A GUARDA

17 e 18 de marzo de 2023

IES A SANGRIÑA. Nuria Vázquez, Vicedirectora

“Bo día

A actividade foi de interese para o alumnado e para o profesorado que o acompanou. En concreto o alumnado trasladoume as súas sensacións e a súas opinións, que eu, coa máis absoluta franqueza che indico a continuación.

En xeral a actividade foi do seu agrado e en concreto dixéronme que estaba moi ben preparada. O que máis lles gustou foron as proxeccións e o que menos as explicacións do principio (En palabras deles: “Foron un pouco aburridas”). En términos xerais coñeceron a José Gil e viñeron contentos.

O profesorado tamén veu moi satisfeito coa actividade

Unha aperta!”

Nuria

 

 

CONCELLO DA GUARDA. Teresa

VALORACIÓN DA ACTIVIDADE  JOSÉ GIL, PIONEIRO DO CINEMA GALEGO

“Valoro a actividade entorno a José Gil como moi positiva, xa que permite divulgar unha historia do cinema que á maior parte da xente lle é descoñecida pero ao mesmo tempo ten un áurea de encanto que esperta á curiosidade do público.

Detallando cada unha das propostas de cara á validación e mellora do programa que vai a estar en funcionamento aínda, paso a comentar cada unha das actividades :

A CREACIÓN DO CINEMÓBIL

 Sen dúbida é a proposta mais atractiva a priori, consegue dar visibilidade ao legado de José Gil e viaxar no tempo, contribuíndo a ese áurea de encanto da que falaba mais arriba. Ademais o feito de exhibir o vehículo nun lugar público contribúe ao efecto “gancho” do proxecto. Ten un importante carácter comunicativo e divulgativo.

A SESIÓN COS CENTROS DE SECUNDARIA

  No caso da Guarda a recepción foi extraordinaria, xa que os rapaces conectaron perfectamente cos filmes participando activamente na “locución” sonora das películas e gozando cos golpes de humor.

  Isto é moi importante xa que amosa que rapaces que non oíran falar de Charlot, e que pensamos que teñen outros códigos na súa linguaxe e comunicación, conectaron perfectamente coa linguaxe do cinema de hai mais de 100 anos. E aprenderon historia do cine, á que non se terían achegado doutra maneira.

A EXHIBICIÓN DO CINEMÓBIL

  Neste sentido, polo menos para o caso da Guarda creo que fallamos na elección do espazo en termos de visibilidade. Xa que se ben a Praza do Reló é un lugar con moito tránsito de xente nun día normal, os fins de semana queda un pouco apartada, pois non é lugar de paseo nin de “recados”. O sábado na Guarda é un día de compras, con mercadillo e quizás situar o camión noutro sitio mais céntrico como a Praza de Avelino Vicente tivera sido mais visible.

  Ben é certo que esa outra localización non facilitaba o concerto da Banda nin permitía ter cuberto o Plan B e por iso escolleuse

  Así mesmo tendo en conta isto quizáis podería terse reducido horarios e non abrir a exhibición tan cedo. Ao ser nun sitio ao que hai que dirixir a xente, con abrir ás 11h. ou 11,30, que é cando arranca o tránsito de xente tería sido suficiente e son menos horas de xornada para o equipo, que ao fin e o cabo está facendo xornadas de traballo moi intensas

PRESENTACIÓN DO LIBRO

  O certo é que se conseguiu xuntar unha decena de persoas interesadas, que se achegaron exclusivamente á presentación do libro. Parece un número baixo, pero tendo en conta o horario e o escaso goteo de xente que estábamos a ter ata ese momento, creo que foi valorado como positivo polos autores e polo persoal do Concello.

CONCERTO CON BANDA DE MÚSICA

 Foi espectácular. Sonou sensacional e creo que se consiguiu o obxectivo de conectar co espírito de José Gil. Se ben o público sería seguramente familiares da Banda, o certo é que o aforo do recinto estaba completo e a través do concerto conseguiuse achegar o proxecto tanto a Banda como aos familiares.

A asistencia total do concerto debeu rondar as 80 – 100 persoas.

A MODO DE CONCLUSIÓN SOBRE A MAÑÁ DO SÁBADO:

 Creo que se poderían axustar horarios abrindo a exhibición ás 11h. ou ás 11.30 e adiantar un pouco o Concerto da Banda para as 12.30h. ( porque ás 13h.nunha vila é moi tarde, a xente come ás 13,30 ou 14h. polo menos na Guarda non hai tradición de sesión vermouth e menos en inverno).

    E incluso, aínda que sería para valorar polos autores do proxecto – en función de como estea resultando no resto de concellos – en relación á presentación do, facer unha introducción menos profunda dentro da presentación da propia banda. Isto é mais arriscado, pero ao mellor se consegue chegar a mais xente, e por suposto manter os libros á venda trala celebración do concerto, que é cando se concentra maior número de xente xente.

A SESIÓN DE TARDE: “CINEMA ROYALTI”

 Esta é a parte do proxecto que me parece mais densa, pois proponse demasiada información nunha soa xornada de tarde o que vai facer captar a moi pouca xente. Temos que comprender que estamos bloqueando unha tarde enteira de sábado para unha finalidade moi concreta e só imos captar xente moi interesada e que non teña outros plans ou intereses nesa mesma xornada.

  Se ben eu gocei coa proposta e o público tamén, cara ao final da xornada, tras dúas horas e media, a xente comeza a abandonar o Salón. Non tivemos moitas baixas pero cara a segunda parte se houbo goteo de xente que ía marchando.

Penso que se podería reformular horarios e intentar que a proposta non dure mais de 2 horas. Así mesmo retrasaría o inicio da actividade, mellor ás 18h. Ou ás 19h.

CONCLUSIÓN FINAL

Por último vexo que a comunicación do propio evento é un desafío xa que suceden moitas cousas en día e medio e eu vin que aínda que difundamos en redes, carteis, nota de prensa, newsletter… a xente non é capaz de comprender rápidamente en que consiste o evento, sen unha explicación pausada, polo que abogaría por reducir horarios e simplificar a mensaxe

Dito todo isto, parabéns pola proposta e o proxecto, para nós foi un auténtico luxo acollervos.”

 

CALDAS DE REIS

24 e 25 de marzo de 2023

 

CPR SAN FERMÍN PADRES SOMASCOS

Visita ao cinemóbil de José Gil

“O venres, o alumnado de 6⁰ EP e 1⁰ da ESO, participamos nunha actividade enriquecedora e moi chula no auditorio: “O cinemóbil de José Gil”

Descubrimos a un dos pioneiros do cinema en Galicia, José Gil, da man de Manolo González(autor da súa biografía: “Nos días encantados de agosto”) e do director de cine Ignacio Vilar; eles contáronnos que en 1929 percorreu a nosa provincia co seu Cinemóbil para amosar as súas películas.

E como tamén foi un gran fotógrafo e amigo de Laureano Salgado, pioneiro da electricidade en Galicia, visitou en varias ocasións o noso pobo para fotografar a Fábrica da luz, as fervenzas e os balnearios Acuña e Dávila.

Ademais desfrutamos de 3 proxeccións de cinema mudo con Charles Chaplin e Harold Lloyd de protagonistas e con explicadores : Ignacio Vilar e dous alumnos, o que resultou moi divertido.

E para rematar fixemos unha visita á réplica do Cinemóbil e sacamos unhas fotiños.

Unha mañán estupenda!

O venres, o alumnado de 6⁰ EP e 1⁰ da ESO, participamos nunha actividade enriquecedora e moi chula no auditorio:

“O cinemóbil de José Gil”

Descubrimos a un dos pioneiros do cinema en Galicia, José Gil, da man de Manolo González(autor da súa biografía: “Nos días encantados de agosto”) e do director de cine Ignacio Vilar; eles contáronnos que en 1929 percorreu a nosa provincia co seu Cinemóbil para amosar as súas películas.

E como tamén foi un gran fotógrafo e amigo de Lauréano Salgado, pioneiro da electricidade en Galicia, visitou en varias ocasións o noso pobo para fotografar a Fábrica da luz, as fervenzas e os balnearios Acuña e Dávila.

Ademais desfrutamos de 3 proxeccións de cinema mudo con Charles Chaplin e Harold Lloyd de protagonistas e con explicadores : Ignacio Vilar e dous alumnos, o que resultou moi divertido.

E para rematar fixemos unha visita á réplica do Cinemóbil e sacamos unhas fotiños.

Unha mañán estupenda!”

Os alumnos de 6º de primaria e 1º da ESO

 

BAIONA

28 e 29 de abril de 2023

 

CPI COVA TERREÑA

“Remítoche a miña valoración persoal, que de seguro coincide coa do profesor Rubén.

A actividade centrada na figura de José Gil e o cinema en Galicia foi un auténtico descubrimento, tanto para o alumnado como para o profesorado; centraríame, nomeadamente, en tres aspectos: por unha banda porque puidemos descubrir a figura de José Gil e a súa traxectoria como creador de imaxe e de cine, aspectos descoñecidos polo xeral, agás en persoas que teñen certas inquedanzas a respecto desta arte. Por outra banda, a actividade en si, especialmente o cine narrado polo director Ignacio Vilar, na compaña de dous dos nosos alumnos/as, resultou abraiante. Como xa nos indicaban dende un principio: “iamos vivir unha experiencia inesquecíbel, como a que vivían os nosos avós e avoas…” Finalmente, a presenza do propio realizador, Ignacio Vilar, e mais do guionista, Manolo, foi unha marabillosa e grata sorpresa para todas e todos os os presentes, incluído alumnado e profesorado.

Xa que logo, convidamos a Ignacio Vilar e mais a Manolo ao noso centro para o vindeiro curso, para así partillar con todas e todos nós as súas experiencias no mundo do cine.

Queremos agradecer á Deputación de Pontevedra esta iniciativa e o custe de balde da mesma.

Saúdos cordiais.”

Anxo X. Rajó

Xefe do Departamento de Lingua e Literatura Galegas.

 

 

GONDOMAR

5 e 6 de maio de 2023

 

IES AUGA DA LAXE

VALORACIÓN DO PROFESORADO ASISTENTE AO ACTO:

“O primeiro é darvos as grazas por deixarnos participar na actividade.

Logo de escoitar ao noso alumnado e profesorado participante, consideramos que foi unha actividade moi positiva e amena, pois:

–  Conseguiu captar a atención do noso alumnado, sorprendéndolles o feito de que a nosa vila e comarca foran un punto importante no desenvolvemento do cinema da nosa terra. É certo que no pase da película de José Gil non daba tempo a analizar as imaxes e a súa localización, quizais este fora un traballo para desenvolver a posteriori nas nosas aulas.
–  Valoramos moi positivamente a participación activa do noso alumnado na dobraxe das películas en branco e negro, pois para eles é moi difícil comprender e apreciar como era a vida naquela época se non a viven de primeira man dalgún xeito.

–  Tamén foi moi positivamente valorado o feito de que non fora unha exposición illada, senón que houbera un paquete de actividades no Concello na que eles puideron participar. Un amplo número dos nosos alumnos participan nos grupos musicais das parroquias. O Concerto da Banda de Música da Banda de Vincios permitiu aos rapaces vivir as dúas experiencias e valorar que “música e cinema” teñen unha importante historia común.

–  Por poñer unha pega sería que a parte da introdución fíxose un pouco longa para algúns dos rapaces e logo a visita ao “Camión Reclame-Cinemóvil” breve.

Un saúdo cordial”

IES Auga da Laxe

IES TERRA DE TURONIO

“Bo día Eva,

Polo que me contan os compañeiros que foron ao auditorio, a actividade estivo moi ben. A presentación moi boa, o material empregado tamén, e a historia resulta moi interesante. A única pega que puxeron foi a organización temporal, que ao final non se axustou ao que tiñamos previsto, o que motivou que tiveramos que facer cambios de última hora.

Se repetides a actividade, sería convinte que a plantexarades xa dende o principio como de máis duración, porque non é que resultara pesada, porque o relator foi moi ameno, o que pasou é que era moito material para tan pouco tempo. Do resto foron todo eloxios. En resumo, parabéns pola actividade.

Un saúdo.”

 

CONCELLO DE GONDOMAR

“Bo día Eva,

A valoración feita polo concelleiro de cultura a partires dos eventos celebrados na fin de semana, é positiva.

En opinión do público asistinte, as proxeccións foron curiosas e de moito interese, en canto á colaboración coa Banda de Música resultou unha experiencia moi bonita, atractiva e moi interesante tamén; e o alumnado que participou gozou moito co evento.

Agrademos ter sido unha ubicación seleccionada para a celebración deste evento.

Apertas”

Eva Giménez Fernández
Coordinadora de Cultura

 

NIGRAN

12 e 13 de maio de 2023

 

CPR ÁNGEL DE LA GUARDA

“Bos días,

A verdade é que a actividade lle gustou moito tanto aos rapaces coma aos profesores que acompañaron, lamentablemente eu non puiden acudir porque tiven unha substitución de última hora. Os nenos comentaron que ao principio lles parecía que ía algo lento pero que despois, conforme se foi desenvolvendo, lles gustou moito, Foi para a maioría unha sorpresa o cine mudo, espertoulles moita curiosidade. Para os profesores foi unha actividade da que tirar partido logo na clase, e que lles pareceu moi interesante e divulgativa.

En xeral todos voltaron contentos e cheos de comentarios en ben.

Unha forte aperta pola nosa parte para todo o equipo, e en especial para ti. “

Olga Alonso. Directora

 

IES ESCOLAS PROVAL

“Bos días, Eva,
Estiven comprobando que o correo que vos enviei en resposta á petición de información non debeu chegar, así que escribo de novo.
A exposición estivo moi interesante porque nos permitiu coñecer como era o cine de antes e sobre unha figura como a de José Gil tan vinculada ao Val Miñor e sobre todo á nosa escola, Desscoñeciamos que as imaxes que temos colgadas polo instituto eran da súa autoría. Tamén resultou moi actrativo o achegamento interactivo ao cine mudo e a experiencia do Cinemóbil coas explicacións de Manuel e Ignacio. Ademais, o alumnado de casualidade participou na gravación da reportaxe para a televisión, o que tamén foi outra experiencia.
Nas nosas redes (facebook, instagram) xa falamos do evento por se o queredes consultar: https://www.facebook.com/iesescolasprovalnigran
Un saúdo.”

Isabel

IES Escolas Proval

 

MONDARIZ BALNEARIO

1 e 3 de xuño de 2023

 

CONCELLO BEA

“Bos días Eva,

Xa rematada a actividade,  desde o concello queremos agradecervos que contarades con nós neste proxecto para divulgar e dar a coñecer a persoa de José Gil. Estamos moi ledos co desenvolvemento e resultado da actividade, especialmente eu, foi un pracer ter a Manolo e a Ignacio ensinándonos tanto sobre José Gil, un completo descoñecido até que no lo presentastes, e tan merecedor do recoñecemento que lle estades a ofrecer. 

A experiencia coa cativada na xornada do xoves foi moi enriquecedora, sobre todo ver de novo o cine mudo na pantalla dixital e a gran interpretación de Ignacio creando esa atmósfera sonora, da man dunha mestra de infantil, e que xuntos nos transportaban aos anos 20. 

Qué dicir da xornada do sábado, as visitas ao cinemóbil coa gran explicación de Manolo, tan detallada e milimetrada da asombrosa vida de José Gil. Ver Mondariz Balneario en fotos da época, e a repercusión que está vila tivo na vida de Gil, é máxico. As anécdotas que Manolo conta e como as conta xa son de premio, e imaxino que por iso mesmo, foi merecedor do premio de ensaio. Aínda non lin o libro, pero sei que me vai encantar, non teño dúbida. 

A sesión vermú foi marabillosa, a música e as explicacións de Manolo metéronnos literalmente dentro da vida de José Gil, do sufrimento que podía ter este home cos acontecementos polos que pasou. A banda de música cultural de Mondariz interpretou as pezas de xeito sublime, as persoas que estivemos alí saímos emocionadas. Parabéns para eles. 

As persoas asistentes  a esta actividade quedaron encantadas de descubrir a este personaxe, e así mo dixeron, así que só podo dicir GRAZAS. 

Grazas a Manolo, a Ignacio, a Diego e a ti por descubrirnos e achegarnos á figura deste pioneiro galego do cine que tanta relación tivo coa vila e por facer que fose fácil levalo a cabo. Encantoume coñecervos, a Diego xa o coñecía de neno, e para Carme unha aperta enorme, xa para rematar, dicirvos que aquí tedes os brazos abertos para cando queirades pasarvos pola vila. Non esquezades de facerme unha visita se pasades polo concello.

Apertas e noraboa polo proxecto”

 

O PORRIÑO

9 e 10 de xuño de 2023

 

IES PINO MANSO

“Ola, Eva. Foi estupendo. Estamos niso, en canto teña algo xa cho envío. Pero en resumo encantounos.”

Flori

 

 

BUEU

16 e 17 de xuño

 

CPR VIRXE MILAGROSA
“Buenas tardes; 

Los alumnos de 4º de la ESO disfrutaron durante la visita sobre José Gil. Les interesó mucho, no sólo por la historia del cineasta gallego; sino por el visionado de películas de cine mudo. 

Esto les brindó una experiencia única y muy amena, que les transportó a una época pasada y despertó su interés por la historia del cine. 

Muchas gracias por la propuesta.

Un saludo”

Sonia Loira directora

 

 

LALÍN

20 e 30 de setembro de 2023

 

CEIP XESÚS GOLMAR

“Bo día:

As miñas compañeiras de 3º de Primaria que asistiron a esta actividade o pasado 29 de setembro, valorárona moi positivamente e comentáronme que lles gustou moito a actividade a os nenos e nenas. O que máis lles gustou foi o cine mudo xa que non o viran antes e quedaron moi sorprendidos.

Un saúdo”

Patricia Álvarez

CEIP MANUEL RIVERO

“Boa tarde,

Pareceunos unha activdade moi interesante para que o alumnado de 5º e 6º coñecesen os inicios do cinema en Galicia. 

O que mais lles gustou foi a película de Harold LLoyd e a visita a furgoneta onde se proxectaban os filmes polas vilas de Galicia a principios do século XX.

Moitas grazas, saúdos.”

Alicia

 

SANXENXO

6 e 7 de outubro de 2023

 

CEIP PLURILINGÜE A FLORIDA

“Ola, bo día!!

A verdade que estivo xenial, foi moi, moi enriquecedora para o noso alumnado que non está acostumado a ver cine en branco e negro.

De feito estamos valorando a posibilidade de incluír uns pases deste cine no noso “Cine A Florida” que temos no salón de actos e que empregamos os días de choiva cando o patio non se pode usar. Establecer un día a semana de cine mudo con pases de películas de Chralot ou Harold Lloyd.

A actividade estivo xenial e pensamos que se debería repetir cada curso para que o alumnado saiba e coñeza o noso pasado.

Contade connosco para calquera outra iniciativa.

GRAZAS”

MARI AGÍS, Directora

IES SANXENXO

“Boa tarde Eva,

Son Xosé, un dos profesores acompañantes á actividade o pasado venres.

Levamos 63 alumnos e alumnas de 3º de ESO. O que falei hoxe con eles é que lles gustou bastante. Para practicamente todos era a primeira vez que vían un filme de cine mudo e das tres pezas que proxectastes gustoulles moito a de Harold Lloyd. Todo o antigo e  artesanal para eles sempre é un descubrimento e sorprendeulles moitas das cousas que tanto Ignacio como Manuel lles contaron.

Foi unha actividade amena, dinámica e de descubrimento.

Moitas grazas por ternos avisado.

Un saúdo”

 

PONTEVEDRA

13, 14 e 16 de outubro de 2023

 

FACULTADE DE COMUNICACIÓN

“Ola Eva.

Todo ben. Foi moi interesante e proveitoso todo o que vivimos esa mañá. Tivera clases cun dos grupos de prácticas nas dúas horas anteriores e outras dúas co outro grupo de 3 a 5. Despois tiven que ir ó CUVI para a clase que teño nun máster de Lingüística Aplicada e esquecín escribirche para darche as grazas por te poñeres en contacto comigo e por nos invitares ó acto.

Gustoume o discurso que proxectou na súa presentación Ignacio, a súa interacción cos estudantes e o feito de incorporar a dous dos meus como banshi no evento improvisado (para eles). Comparto moitas das ideas culturais e políticas de Ignacio (e mais túas) de modo que non teño máis que parabéns para o traballo que estades facendo. Deséxovos moito éxito con el porque o é tamén para todos os galegos. Xa llo dixen diante dun dos grupos para os que falaba no cinemóbil. A comedia de Harold Lloyd tamén ben escollida para o público de adolescentes.

No curso que teño en 2º de lingua para CAV vemos desde hai anos MIss Ledyia (dille a Igancio que eu a pronuncio Ledíya, non Lédia coma el 🙂 e Sempre Xonxa (proxección “meiga” todos os cursos: encántalles!), ademais doutros seis filmes que vou alternando. Supoño que acabarei facendo un libro con todo o material que teño xuntado e escrito sobre eles. A Esmorga é unha delas. Coñecía o libro de Manolo González sobre Rey Soto e levárao as primeiras clases deste curso. De aí que o do Benshi (o narrador) non me sorprendera porque a practica de comentarios témola feita algunha vez na aula como el fai na súa intervención. Imos xa agora para a 6ª semana. A actividade non puido ser máis acaída para a materia que dou e para a formación de estudantes de CAV.

E, non sei que máis, teño que deixarte agora… Se queres os formularios que me cubriron os estudantes que asistiron sobre os dereitos de imaxe, dime a onde chos mando ou se pasas ti recollelos. Téñoos por aquí nalgures, anque agora mesmo non sei onde.”

Apertas de Beni

IES SÁNCHEZ CANTÓN

“Ola Eva.

Direiche que non tiven moita oportunidade de falar cos rapaces e rapazas, porque saíndo do teatro caín e teño un esguince, así que estou de baixa dende ese día.
A min pareceume unha actividade interesante e enriquecedora para o alumnado. Comentaban á saída que nunca viran unha película en branco e negro. Xa non che digo muda! Paréceme a min que só por iso xa mereceu a pena. Ademais, coñecer a José Gil foi unha experiencia, porque demostra o pouco que coñecemos da nosa historia recente e dos personaxes que artística e culturalmente aportaron tanto a Galicia. Quédanos moito por investigar.
Á profesora que me acompañou á volta, que é de Educación Plástica, pareceulle moi interesante. Podo pedirlle a ela, e aos outros profes, que ademais puideron facer o labor de retroalimentación co alumnado, que che poñan unhas liñas sobre a súa opinión.

A verdade é que debo poñer unha pega relacionada coa organización: estendeuse moito no tempo, porque segundo tiña entendido, duraba uns 90 minutos e así o arranxamos no centro. Pero durou moito máis e tiven que chamar ao centro para que nos cubriran a todos os que estabamos de acompañantes e para que avisasen ao profesorado que tiña clase coa rapazada presente na actividade. E o peor foi que os rapaces non puideron subir ao autobús porque xa era a hora de saír.

En fin, complicóusenos o tema, pero pagou a pena.

Un saúdo e moitas grazas por todo. Contade con nós para vindeiras ocasións.”

Verónica

IES FREI MARTÍN SARMIENTO

“Bo día,

O noso alumnado saiu moi contento da actividade, ben é certo que, son un alumnado moi especial, xa que todos cursan bacharelato de artes en distintas modalidades que inclúen as artes escénicas.

Durante a volta ao instituto e na xornada seguinte comentaron distintas cousas sobre a historia do cinema que explicara Inacio Vilar e mostraron interese por seguir profundizando neste tema, tanto no que se refire aos seus pioneiros, como no que se refire a historia do cinema galego.

Moitas grazas polo voso esforzo e traballo na realización deste tipo de actividades en favor da educación, a cultura e a memoria.

Un saúdo”

Alba

 

MARIN

20 de outubro de 2023

 

CEIP PLURILINGÜE A LAXE

“Boas,

enviamos unhas liñas de opinión sobre o desenvolvemento e a pegada que pensades puideron deixar as actividades no alumnado solicitadas:

“Esta actividade foi toda unha experiencia na que os nenos e nenas puideron facer un percorrido pola vida de José Gil e

achegarse aos inicios do cinema coa proxección de dúas películas que nos atraparon a todos e todas cos comentarios de Ignacio.

Por último, puidemos entrar na maqueta do cinemóvil co que José Gil inventou e co que percorría as vilas de Galicia levando o cine a todas elas.

Unha experiencia fermosa e moi recomendable, na que desfrutamos tanto alumnos/as coma mestras.”

Moitas grazas!!

Un saúdo.”

VIGO

27 e 28 de outubro de 2023

 

IES REPÚBLICA URUGUAI

“A actividade destivo realemnte ben ¡¡ . amena e interesante , e para o alumnado de Expresión Artística de 4º de ESO , serve como antesala para otema de producción audiovisual , comparando o xeito de traballo de hai un século coas facilidades que poden atopar hoxe en día.”

Pablo

IES SANTO TOMÉ

 “Bos días, Eva.     Escríboche para contarche que a actividade foi moi interesante. Intercalar a charla co visionado das curtas foi un         acerto, e a elección delas sorprendeu a moitos dos alumnos.

     Manolo e Ignacio estiveron xenial, non so polo seu saber, que é moito, senón polo entusiasmo que transmiten.

     Quedounos o tempo un pouco xusto para poder disfrutar todos do cinemóvil., e eu, coma docente, faríame a reflexión de levar menos alumnos para facilitar a cercanía a Ignacio e a Manolo, que merece tanto a pena.

    A raíz da actividade, anda a xurdir unha proposta no instituto. Consiste en que alumnos que asistiron á charla, vaian polas aulas do instituto presentando brevemente a Jose Gil e propoñendo a búsqueda nas súas casas e familias de rexistros fotográficos das súas obras. Sería maravilloso atopar algún tesouro coma aprendices de historiadores e colaborar un chisquín na vosa labor. 

    Moitas grazas e un biquiño grande.”

Maca.

IES A GUÍA

“Ola boa tarde:
Foi todo ben, resultoulles moi interesante e serviu para promocionar o noso club de cine, que está botando a andar.
Pásoche o enlace da páxina do instituto por se che serve e podo redactar unhas liñas:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesguia/
Un saúdo.”

 

 

SALVATERRA DE MIÑO

3 e 4 de novembro de 2023

 

 

IES SALVATERRA DE MIÑO

TUI

16 de novembro de 2023

 

CPR SEMINARIO MENOR SAN PELAYO

“Ola, dende o CPR. Seminario Menor San Pelayo queremos agradecer que nos teñades convidado a participar nas actividades arredor da persoa de José Gil. Cremos que para os rapaces foi moi interesante , de feito seguen comentando algúns aspectos e lembran moitos datos de ese día. Algúns incluso volveron para explicarlle a algúns curiosos que preguntaban pola presenza do Cine móbil na rúa.

Moitas grazas.

Un saúdo.”

María José, secretaria.

CPR MARISTAS

“Bo día.

Achego a valoración feita polas profesoras que acudiron co alumnado.

A valoración da actividade tanto por parte das profesoras como por parte do alumnado foi positiva, tanto Manolo González coma Ignacio Vilar conseguiron espertar o interese do alumnado pola figura de José Gil ata agora descoñecida por eles.

Unha das cousas que máis lles chamou a atención sobre José Gil é que foi o pioneiro en Galicia de moitas cousas: reporteiro gráfico, en facer un documental, en montar un laboratorio cinematográfico, primeiro cineasta,… e tamén que percorreu numerosas localidades de Pontevedra co cinemóbil.

Gustoulles a experiencia de ver as dúas proxeccións mudas, sobre todo a de Harold Lloyd, e de coñecer a figura do “explicador” da man de Ignacio Vilar e de dous compañeiros doutro colexio, xa que foi coma viaxar ao tempo dos seus bisavós ou tataravós.

Amosaron pena porque dos 150 filmes que gravou José Gil apenas se conserven uns poucos e sobre todo que non haxa ningún de Tui, a pesar de que se sabe que filmou paisaxes de Tui, do Balneario de Caldelas, a repoboación do Monte Aloia,… conservan a esperanza de que apareza algún nalgún fallado, como explicaba Manolo González.

A visita ao cinemóbil por dentro foi un pouco ás presas, xa que ao ser tres colexios e ter pouca capacidade fíxose longa a espera e moi curta a visita.

Consideramos que con esta actividade, o alumnado de 4º da ESO xa ten os cimentos para comezar cun proxecto interdisciplinar sobre o cine que comezarán a finais deste trimestre.

Un saúdo.”

Roberto Diz Director

 

 

VILAGARCÍA DE AROUSA

30 de novembro e 1 de decembro de 2023

 

CEIP AREALONGA

“Bo día, Eva.
Dende o CEIP Arealonga queremos agradecer a invitación para a actividade que tivo lugar onte no auditorio.
Resoultou do máis interesante e entretida. Sen dúbida algunha a recomendamos.
Tedes que desculpar o apuro que tiñamos por ver o cinemóbil 3, xa que se nos xuntaron diversas actividades e tiñamos que cubrir ao profesorado que non estaba no centro.
Moitísimas grazas por todo.
Un saúdo.”
Sonia Coello. Xefa de Estudos do CEIP Arealonga