“AS MÚSICA DE JOSÉ GIL” CONCERTO HOMENAXE A JOSÉ GIL EN O PORRIÑO

  SESIÓN VERMÚ     “AS MÚSICA DE JOSÉ GIL”

CONCERTO HOMENAXE A JOSÉ GIL NO PORRIÑO. Sábado, 10 xuño 2023.

 

Lugar: PRAZA ANTONIO PALACIOS. HORA 13:00 a 14:00
 
Elaborado e dirixido por David Trastoy Oseira
Interpretado pola Banda de Música de O Porriño

PROGRAMA:

1.- Pasodobre Porriño de Rogelio Groba (Ponteareas, 1930-2022). Música popular galega que evoca a aldea e a humilde casa onde nace José  Gil  en Rubiós (As Neves) en 1870, así como os seus inicios na Banda popular da súa patria da infancia, percorrendo festas e romarías do Condado e Paradanta ou Porriño. David Trastoy tamén dirixe a Banda de Rubios.

 

2.-Alborada” de Pascual Veiga (Mondoñedo, 1842-1906). As atrasadas cidades galegas do XIX espertan grazas o ferrocarril. O rexionalismo tamén se insire na música culta e desenvolve a mirada cara nós e as raíces da música galega. Nesta canción evocamos o descubrimento de Galicia polo fotografo Gil en Lugo, Ourense, Vigo, etc. Todas as artes en Galicia intentan modernizarse. Gil comeza a filmar películas coa súa cámara de cine en 1909.

 

3.- “Nocturno” de  Frédéric Chopin (Polonia, 1810-1849). Coa peza evocamos a afección das fillas de Gil pola música que habitaba na súa feliz casa viguesa da rúa Príncipe, que recende a música. Lembramos aquí o ambiente dunha casa melómana, onde as fillas tocan unha e outra vez o violín e o piano perfectamente afinados por Gil. O músico polaco falecerá da mesma enfermidade que as fillas de José Gil.

 

4.-“Balada Galega”.  Juan Montes (Lugo, 1840-1899). Lembramos aquí a morte das súas tres fillas: María, Rosa e Xosefa, aos 18 anos, por tuberculose. As tres visitas da morte enchen a casa de sombra e dor no corazón do cineasta, ata a súa aniquilación persoal e profesional pola perda dos seus “tesouros” como chamaba ás nenas.

 

5- “Mozos do Penedo de  Manuel Nóvoa (Rubiós, 1911-1973). A muiñeira evoca a afouteza de Gil a pesares da traxedia persoal vivida. Adícase ao cinema en exclusiva e retorna como cineasta a Vigo Filmar faille esquecer a súa tristura e a vida retorna aos poucos. Semella que ten gañada a inmortalidade que outorga o cinema. A canción evoca a súa resiliencia e afouteza, mentres segue a vivir na escuridade pola perda das fillas. Aquela tristeza profunda esvaece lentamente grazas ao cinema. Será o seu refuxio e o alento para vivir.

 

6- “Obertura Tannhauser” de Richard Wagner (Alemaña, 1813-1884). O día 1 de xaneiro de 1937 fina José Gil, arruinado e case en soidade en Vigo. Ao día seguinte fixo a súa derradeira viaxe en coche nunha sinxela caixa de pino para reunirse definitivamente coas súas adoradas fillas no cemiterio de Pereiró. O enterro foi moi modesto e con escasa asistencia popular. Mentres, á mesma hora, uns metros mais abaixo, no Teatro García Barbón, escoitábase  o Tannhäuser de Wagner interpretado pola orquestra dos Requetés de Pamplona. O teatro resplandecía ateigado polas autoridades locais, os Bispos de Madrid-Alcalá e de Tui e o máis granado e chic da burguesía viguesa coa roupa de gala, entre bandeiras da Alemaña nazi, Italia fascista, Falange Española e sobre todo, o emblema dos Requetés “con un sinfín de boinas rojas”.

 

7- “Himno galego”. Pascual Veiga (Mondoñedo, 1842-1906). Escoitado por Gil en numerosos actos ao longo da vida. Representa o amor que Gil sentía pola súa patria a partir do “cinema rexional Galego”.  A peza recupera a súa memoria no Olimpo da cultura galega.

Descarga o programa aquí

 

PROGRAMA MÚSICA O PORRIÑO