Cuntis

Gil mantivo un acreditado interese polos complexos termais da provincia de Pontevedra, os cales fotografou e filmou en varias ocasións ao longo da súa traxectoria profesional.

Aquelas imaxes conformaron o documental Pontevedra y sus paisajes ou Actualidades
de Pontevedra (1924). O «Faro de Vigo» publicou varias fotografías do balneario
de Cuntis da súa autoría en maio de 1913. De feito, temos constancia que o 2 de xuño de 1934 –xa enfermo e con 64 anos– e acompañado pola súa dona Trinidad Sarabia, achegouse ao Balneario da Virxe «para someterse al tratamiento de la cura de aguas» onde permaneceu durante quince días. Posibelmente filmou algunhas imaxes daquela estadía que se integrarían na película Pontevedra (1934).