ARREDOR DE JOSÉ GIL EN VIGO

Vigo

Vigo foi, sen lugar a dúbidas,  o epicentro da vida profesional e familiar do cineasta dende 1904 ata 1923 e posteriormente dende 1927 ata súa morte en 1937, polo que a cidade olívica é o espazo mais relevante da súa traxectoria.

 Practicamente todo o contido deste Cinemóbil Nº 3 está centrado na súa patria de adopción.

Un breve resumo podería lembrar as galerías fotográficas, as empresas cinematográficas e automobilísticas na rúa Carral 14,  Príncipe 49, Sanjurjo Badía 21 e Elduayen 30. Nomeadamente as produtoras que desenvolveu ao longo do tempo. Fotografía y cinematografía Gil (1910-1918), Galicia Film (1919-1920) e  Galicia Cinegráfica (1921-1935), que ademais son as primeiras produtoras da historia do cine galego, sen esquecer a representación da empresa automobilística Ford (1914-1920). Boa parte dos emprendedores vigueses da burguesía industrial, financeira e turística apoiaron o labor do cineasta mediante encargas de filmes industriais onde aparecía a evolución urbanística da cidade e amplos reportaxes das empresas da cidade: as grandes consignatarias, construción naval ou a Xunta de Obras do Porto; Tres filmes -entre os máis de cen títulos realizados en Vigo-, consérvanse aínda como Talleres Alonarti (1928), a bobina do Cinemovil reclame (1929) ou Cariño (1929).

Tamén no eido íntimo e familiar, Vigo será o referente máis sobranceiro, pois na cidade olívica falecerán as súas fillas María (1918) e Rosa (1922) e o propio cineasta en 1937,  así como toda a súa familia política, sendo soterrados na marabillosa tumba deseñada polo escultor Asorey no cemiterio de Pereiró.